MANIFESTO GALICIA CON BOLIVIA

Manifesto galego por Bolivia plurinacional camiño do socialialismo.

     Nós, galegas e galegos internacionalistas, queremos manifestar o noso rexeitamento ao golpe de Estado que as forzas máis escuras de América e da Humanidade están a perpretar contra Bolivia, contra o seu goberno lexítimo presidido por Evo Morales e contra o partido Movemento ao Socialismo (MAS) que triunfaron limpamente nas últimas eleccións.

   Dende a súa independencia republicana en 1825, pouco tempo gozou Bolivia de auténticas Xustiza Social e Liberdade. Coñeceu o dominio das oligarquías terratenentes, do imperio norteamericano, das ditaduras caudillistas apoiadas nuns e noutros, ata hai moi poucos anos. Desde o liderado de Evo Morales, e coa participación dun vasto movemento de masas, as circunstancias cambiaron.

   Co MAS e con Evo Morales ocorreron en Bolivia grandes acontecementos. Retrocedeu o analfabetismo e a incultura, e con iso a submisión de campesiños obreiros e indíxenas ao poder do clero católico. Nacionalizáronse os servizos básicos, a educación, a sanidade, poñéndoos ao alcance das poboacións. Socializáronse os recursos naturais e deseñouse un planeamento eficaz da economía. As nacións indíxenas (a metade da poboación de Bolivia que sempre fora negada) foron recoñecidas e unha nova bandeira republicana multicolor representa os dereitos culturais e lingüísticos destes pobos orixinarios e maltratados. Si, co MAS, desapareceu a miseria. E todos estes progresos foron conformando un estado de cousas insoportable para determinadas forzas e determinados poderes.

  Porque non soportan a Evo nin ao seu goberno, os cregos católicos afeitos a máis de 500 anos de dominación e monopolio ideolóxico, nin tampouco os seus substitutos evanxelistas, pagados e teledirixidos pola CIA. Ódiano tamén as camadas crioulas herdeiras dos antigos latifundistas en cuxos soños de grandeza aínda sobrevive o orgullo estúpido dos conquistadores casteláns e dos usurpadores da primeira independencia. Tamén morden o freo do MAS e de Evo os burgueses convencidos pola beatería neoliberal e neoconservadora, sempre lambendo os pés do imperio. Funcionarios, especialmente militares, en boa medida saudosos de antigos privilexios da era Hugo Banzer, esperaban a súa hora e, así, a CIA e os servizos norteamericanos compraron militares e forzas da orde.

    Coa súa falsa insurrección, queren derrotar a clase obreira boliviana. Queren aniquilar as forzas do progreso. Queren laminar a incorporación dos pobos índixenas quéchua, aimara, guaraní, ou amazónicos á ciencia e á cultura contemporánea sen perderen as súas identidades nacionais.

Sobre todo, queren eliminar o control que o pobo, organizado no MAS, exerce sobre a economía, para beneficio de amplas maiorías sociais.

   E así desataron o golpe, na liña das insurreccións pseudopopulares con que o imperio trata de aniquilar cada un dos pasos que, en calquera parte do mundo, os pobos dan na dirección da verdadeira independencia e do socialismo.

Nós, galegos e galegas internacionalistas, manifestámonos contra o golpe de estado que o imperialismo, coa axuda de forzas e correntes internas, está a procesar en Bolivia.

Esiximos respecto e recoñecemento internacional ao lexítimo goberno de Evo Morales!

Esiximos o fin da violencia, explícita e implícita, contra a clase obreira boliviana e as nacións indíxenas orixinarias!

Viva a República Plurinacional de Bolivia camiño do socialismo!

[Asina o manifesto no formulario que hai máis abaixo]

Primeiros Asinantes:

Xosé Luis Méndez Ferrín. Escritor. Eva Solla Fernández. Vicepresidenta do Parlamento de Galicia. Coordinadora de EU e Secretaria Xeral del PCG. Ramón Sarmiento Solla. Secretario xeral do S.N. CC.OO. Galicia. Antón Gómez-Reino Varela. Deputado de Galicia en Común e Secretario Xeral de Podemos Galicia. Antón Sánchez. Deputado do GCE e Voceiro Nacional de Anova. Carmen Adela Sabio Sanz. Secretaria de muller do S.N. CC.OO. Galicia. Manuel Rivas. Escritor. Verónica Hermida Longa. Responsable Secretaría Feminismos e LGTBI+ Podemos Galicia.  Oriana Méndez. Poeta e concelleira de Vigo. Rubén Pérez Correa. Concelleiro de Vigo e Secretario de Organización de EU. Miguel Álvarez Parada. Biólogo e químico. Claudia Delso. Concelleira de A Coruña. Francisco de Asis Pardo Senín. Xurista e responsable Secretaría de Análise Podemos Galicia. Margarita Teijeiro Suárez. Membro do Faiado da Memoria. Carla Leiras Fernández. Profesora e Activista Social. Emilio García Crego. Activista social. Xosé Manuel Beiras. Catedrático emérito en Estructura Económica e exdeputado no Parlamento de Galicia. Carlos Ares. Guionista e produtor audiovisual. Branca Novoneyra. Xestora cultural e concelleira de Compostela. Omar Ceveira Vázquez. Secretario de xuventude do S.N. CC.OO. Galicia. Tamara Balboa García. Traballadora social. Jesús María Álvarez Fernández. Sindicalista. Julia Torregrosa Sañudo. Deputada do GCE e Secretaria de Educación de Podemos Galicia. Jorge Duarte. Concelleiro de Compostela. Conchita Lloria Bernácer. Activista cultural. Guillermo Crego Rodríguez. Impresor e responsable de Estratexias para o Conflito de EU. Mabel Pérez Simal. Secretaria de organización do S.N. CC.OO. Galicia. Manuel Anxo Fortes. Catedrático de Filosofía. Roi Fernández Rodríguez. Secretario de acción sindical S.N. CC.OO. Galicia. Miguel Anxo Fernán Vello. Escritor e exdeputado en Cortes. Alberto Lema. Escritor. Chus Pato. Poeta. Victor Ledo Suárez. Secretario xeral CC.OO. Industria Galicia. Lucio Martínez Pereda. Historiador e profesor. Manuel Forcadela. Poeta e profesor. Antonio Caeiro. Membro do Faiado da Memoria. Juan Carballo. Artista. Xiao Varela. Concelleiro de A Coruña. Rocío Fraga. Socióloga e activista feminista. José Manuel Sande. Ex concelleiro de Cultura de A Coruña. Martiño Noriega. Médico de familia e concelleiro de Compostela. Henrique Rabuñal. Escritor e profesor. Rober Bass. Profesor do audiovisual. Tomás Barreiro Vescovo. Arquitecto e ilustrador. Antón Dobao. Escritor e cineasta.  Xina Vega. Escritora. Moncha Fuentes. Escritora. Alberto Ardid. Artista plástico. Xaquín Pastoriza Cerviño. Profesor de Historia e membro do consello asesor de Viento Sur. Paula Quinteiro. Deputada do GCE e membro de Anticapitalistas Galiza. Elvira Ribeiro. Poeta. Arturo Julián Vázquez. Secretario xeral CC.OO. Industria A Coruña. Sabela López Pato. Historiadora da Arte e museóloga. Xermán Tobío Padín. Responsable Coordinación Podemos Galicia. Alfonso García. Federación de Sanidade CC.OO. Luca Chao Pérez. Voceira e deputada do GCE. María de la O Fernández González. Mestra e concelleira de Vilagarcía. Marcos Cal Ogando. Deputado do GCE e Secretario Acción Institucional Podemos Galicia. Alejandro Rodríguez Pazos. Forestal e adxunto a Medio Ambiente no S.N. CC.OO. Galicia. Celso X. López Pazos. Profesor e activista da Memoria Histórica. Juan de Castro García. Xestor Cultural. Samuel Paz Castillo. Secretario organización U.C. CC.OO. A Coruña. Pedro Falcón Latorre. Músico. Emilio Fernández Zunzunegui. Mestre. Augusto Martínez Zamundio. Artista Plástico. Óscar González Álvarez. Secretario de Comunicación de Podemos Galicia. José Manuel Pita Domínguez. Federación de Ensino CC.OO. Eduardo Bragado Rodríguez. Profesor de Ensino Secundario. Priscila Tamara Retamozo. Politóloga especializada en xénero. Alfonso Martínez Jiménez. Mestre. María Luisa Lores Aguín. Radióloga e activista social en Sanidade. Jano Viñuela Agra. Ilustrador. Pedro Ocampo Cardalda. Concelleiro no Porriño e profesor de filosofía. Blanca María Francés Rodríguez. Concelleira do Porriño. Patricia Sío Bacelo. Funcionaria PAS da Universidade de Vigo. Blanca Xoana Ocampo Francés. Técnica de farmacia. Xosé Manuel Pazos Varela. Mestre e Alcalde de Cangas do Morrazo. Iolanda Zúñiga. Escritora. María Luz Maset Catalá. Radióloga e activista social. Xesús Díaz. Pensionista e ex-secretario xeral de CCOO Galicia. Fernando Souto. Activista pola memoria e presidente da CRMH da Coruña. Estela Miller Fernández. Membro da Coordinadora Nacional de EU. Nicanor Acosta. Activista Social. Xose María Dobarro. Catedrático de Lingua Galega e Portuguesa. Cristóbal González Triñanes. UC CC.OO. A Coruña. Manuel Peña-Rey. Médico.  René Gamborino. Secretario Área Interna do PCG. Millán Fernández López. Gladys Virxinia Afonso Lobato. Anxo Angueira. Profesor e Escritor. Antía Comesaña González. Xurista. María Jesús González Alonso. Tendeira. Stephanie Ordóñez. Xornalista. Voceira de EQUO Galicia. Carmen Peña Hernández. Técnica investigación biomédica, Universidade de Vigo. Sabela Pérez Iglesias. Ecoloxistas en Acción. Álvaro Gayoso Ricón. Berta Vigil Ortega. Membro do Comité comarcal do PCG da Coruña. Anticapitalistas Galiza. Iria González Castro. Artesá. Antonio Iglesias Acuña. Rafael Ramírez Gómez. Loreto Taibo Rama. Avogada e Responsable de Acción Institucional de EU. Celia Fernández Vasco. Investigadora da Universidade de Vigo. José Luis Burón Eiras. Secretario de área interna PCG A Coruña, sindicalista de CCOO. Aurora Irene Paz Viruet. Arqueóloga. Nuria Andión. Carmen Armada Martínez. Coordinadora local de EU A Coruña. Arquitecta. Antía García. Xornalista. María Castro Zas. Psicóloga clínica. Concepción Gonzalez Mosquera. Auxiliar de servizos Xunta . Alberto Vilariño Pita. Secretario Político da agrupación comarcal da Coruña do PCG. Carlos Portal Rodríguez. Sociólogo. Celestino Crespo Piñeiro. Peón. Carolina Porto Paderne. Enxeñeira de montes. Gerardo Pereda. Psiquiatra. Margarita García Cribeiro. Olaia Novo Pérez. Mestra, música e xestora cultural. Manuel González Garrido. Xubilado. Daniel García Reigosa. Mestre e membro da Coordinadora Local de EU Vigo. Mª Carmen Santos Roca. Activista. Moncho Fernández Leal. Activista social e mestre. Patricia Loures Taracido. Obreira. Juan Antonio Ameijeiras Puente. Pensionista. Martiña Fernández de la Torre. Hixienista bucodental. Gonzalo Cao. Irene Tomé Urresti. Xornalista. Margarita Cotelo Botana. Militante PCG. Henrique Gil Piñeiro. Funcionario subalterno. Carlos Miguélez Soto. Repoñedor. María do Pilar Barros Barco. Xubilada. Sion Kokoszko Ribas. Estudante. Jorge del Moral Vila. Empregado. José Manuel Costas Román. Sindicalista. Diego Fortes González. Estudante e traballador. Lucía España Fariñas. Estudante. Borja Fernández Rodrigo. Informático. Jesús Sanvicente Figueiras. Técnico de mantemento. Gema Rivera González. Enfermeira. Mónica Montero Borrazás. Arqueóloga sen emprego. Fernando de la Torre Cuevas. Investigador na USC. Luis Miguel González Iglesias. Estudante. Miguel García González. Estudante. Carlos Besada Romero. Estudante. Adrián Souto Fariñas. Estudante. Pablo Rodríguez Iglesias. Pancho Niño Ricoi. Iván Macía Rodríguez. Estudante. Vítor Villanueva Sánchez. Estudante. Olga María Cárcamo. Angel Cabo Benedeti. Educador infantil. Pilar Pereira Pereiro. Técnico informático. Xabier De Sousa Alonso. Gravador. Laura Perez Durán. Mestra. Ernesto Morás Ulloa. Estudante. Miguel Alcalde Silveira. Estudante de Filoloxía Clásica. Manuel Núñez. Estudante e camareiro. Marta Sanjiao Barrientos. Estudante. Iván Fernández González. Estudante. Jacobo González Yánez. Estudante. Jorge Seijo Raposo. Estudante. Beatriz Sanchez. Limpadora.  Ana Fidalgo Clase. Estudante. Timoteo López Caeiro. Peixeiro. Miguel Torres Chaves. Estudante. Iris López Muller. Autonoma – traducción. Cristina Acuña Criado. Educadora social ( Temporal). Miguel Mastrapa Cruz. Artista. María Dolores. Xubilada. Jesús Conde Lago. Estudante. Carlos Franco Sanmartín. Parado. Esther Pérez Penas. Xubilada. Carlos Cesar Touza García. Teleoperador. Antonio Rodríguez Prieto. Hostelería. Nerea Darriba Ogando. Produtora. Tania Rodríguez. Mitsou Ulrike Mullerr Hermann. Enfermeira. Jenaro Castiñeiras Garcia. Pensionista. José Ramon Sueiro. Historiador e profesor de secundaria. Ana Mª Medal Cabezas. Xosé Francisco De Castro González. Avogado. Miguel Durán. Técnico.

COMPARTE E DIFUNDE A CONVOCATORIA DA TÚA CIDADE OU VILA. CONCENTRACIÓNS O XOVES 21 DE NOVEMBRO ÁS 20:30


Se desexas asinar o manifesto, cubre este formulario e dálle a ENVIAR.

Compárteo:


Crea tu página web en WordPress.com
Empieza ahora